As fragatas robotízanse.

  • As Fragatas Robotízanse. 1/1
01
Feb
2019

En defensa do programa para a fabricación das Fragatas F110 e o apoio á construción do moderno Asteleiro 4.0 que incorpora unha grande compoñente de dixitalización e robotización da produción, e redundará na creación de máis de oito mil postos de traballo. Implicará o desenvolvemento industrial da comarca e de Galiza no seu conxunto. Proxectos que tamén converten a Galiza en espacio estratéxico para todo o país. Bon traballo o da Ministra Margarita Robles e o de todo o conxunto do Goberno socialista.